Unha taberna con máis de 200 anos de  historia e onde respiramos autenticidade. Paredes cheas de lembranzas, o piso de terra, os pipotes nos que o propio cliente enche a súa cunca, a súa localización no centro de Ribadavia… todo é de verdade.

A casa na que está situada data do Século XII e disque debaixo dela, habería un túnel que a comunica coa desembocadura do Avia no Miño e por onde escaparían os xudeus que vivían en Ribadavia nos tempos dos reis católicos.

Cantigas, faladoiros, viño do Ribeiro, queixo do país, un espazo exterior para estar ao fresco nas abafantes tardes verán… e dende hai ducias de anos

Foi tamén unha das localizacións da película “A Esmorga”, adaptación ao cinema da novela de Blanco Amor.

A dous pasiños de aquí, A Tafona da Herminia

E se queredes descubrir máis pola zona:

Fervenza de Tourón

Castrelo de Miño

 

Pódeche interesar: