Un espectacular roteiro polos cumios da Galiza: Trevinca.

O Macizo de Trevinca ten un carácter fronteirizo e distribúese entre as provincias de León, Zamora e Ourense (no concello de A Veiga) e alcanza a súa cota máxima no pico de Pena Trevinca (2.127m).

Toda a zona conta cunha interesante biodiversidade e atoparemos, en forma de lagoas, a influencia do glaciarismo nas súas partes máis altas.

A altitude, a climatoloxía e a escasa contaminación lumínica fixeron que Trevinca acadase o primeiro certificado de destino starlight de Galiza no 2015, é decir, un dos lugares únicos no mundo para desfrutar do firmamento. De feito, ao longo do verán especialmente, o concello de A Veiga, organiza numerosas actividades relacionadas para desfrutar dese ceo tan especial.

Comezamos a ruta na aldea de Ponte con destino a Lagoa de Ocelo. Aínda que ben sinalizado e sen maior dificultade técnica (se non hai neve), temos que subir bastante ate chegar á lagoa que se sitúa ao pé dos picos de Ocelo.

O treito que comeza agora e que nos leva á lagoa da Serpe é moito máis complicado, maleza alta, sendeiros moi pequenos… mais cando ves a lagoa paga a pena. Silencio absoluto agás polo canto dalgún paxaro e moitísima paz. Coma todos os lugares especiais do país, a lagoa da Serpe conta coa súa propia lenda

A volta ate a aldea de Ponte é moito máis doada.

Outra maneira de facer a ruta é visitar primeiro a Lagoa da Serpe para dirixirnos despóis á Lagoa de Ocelo.

Roteiro circular

15 Kms. aprox.

Dificultade media

 

Pódeche interesar: