O percorrido lineal comeza na área recreativa de A Santaia e remata na Ponte Basebe (aínda que obviamente pódese facer ao revés) e ten unha lonxitude duns 19 kilómetros ida e volta. Comezamos ao carón do Río Lañas e, pouco despóis de botar a andar, atopamos varios fermosos muíños. A uns tres kilómetros veremos unha fervenza coñecida como o Salto das Pombas. Cruzaremos tamén o rego de Beseño para, xa no tramo final preto de Ponte Besebe, chegar ao caudaloso Río Ulla. É un roteiro moi fermoso, con frondoso bosque de ribeira e no que non pisas a estrada nin ves ningunha casa. Está perfectísimamente sinalizada e a dificultade eu diría que está entre baixa e moderada xa que, aínda que non ten grande complicación, si que é longa e con algún tramiño esbaradizo.

Pódeche interesar: