Recunchiños na Galiza » Castros » Espazos naturais » Patrimonio » Ríos, fervenzas

Pozo do Inferno e Castelo do Casón. Ortigueira. A Coruña.

Unha ruta sinxela onde, en pouco máis de tres kilómetros, podemos desfrutar dunha fervenza, do Pozo do Inferno e dos restos do Castelo do Casón.

Chegar é doado dende a parroquia de Serantes e atópase todo ben sinalizado

Dirixímonos primeiro á fervenza, que está moi preto de onde se pode deixar o coche e que no inverno leva non pouca auga. Descoñezo a verdade se ten algún nome, nós na sinalización non o vimos.

Baixamos logo ao Pozo do Inferno. Actualmente pódese chegar sen moito problema, axudados por escaleiras. Dispón tamén dun miradoiro dende o que podemos desfrutar do espectáculo natural da auga baixando con toda a súa forza e caendo na poza.

Voltamos sobre os nosos pasos ate a bifurcación que nos leva ao Castelo do Casón, unha fortaleza altomedieval a 291 m de altura e que conta cun extraordinario control visual sobre a Ría e o Cabo de Estaca de Bares.

Na súa orixe foi un castro da Idade do Ferro á beira do camiño que leva a Santo André de Teixido.

Xa como fortaleza, na Idade Media, a súa función foi a de torre de vixía cando ameazaba algún perigo, especialmente durante as invasións normandas que asolaron as costas de Galiza.

« »

4 Comentarios

Deixa unha mensaxe →

  1. Boas noites,
    Sabedes de rutas para poder facer con carriño de paseo?
    Graciñas

  2. Se puede hacer en bici?

    • Ola, Andrea!
      Desculpa por tardar tanto en repostar. Sí, pódese facer en bici aínda que chegando ao Pozo hai escaleiras pero en toda a zona se pode andar en bici. De feito, por alí pasa o camiño a Santo André de Teixido e é unha boa zona (aínda que con fortes pendentes)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

© 2019 Recunchiños na Galiza. Deseño e desenvolvemento web Redeiras.net