Un lugar onde desfrutar de deportes acuáticos ou simplemente, pasar unha tarde de verán.

O Club Náutico Castrelo de Miño é o Centro Náutico de referencia do interior de Galiza grazas á súa gran superficie de auga embalsada e as súas amplas e completas instalacións. Leva funcionando mais de 25 anos (dende 1991) e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e adestramento-competición, de vela, remo e piragüismo. Ofrécense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal.

Tamén dispón dun establecemento hosteleiro no que se organizan concertos e diversas actividades.

Pódeche interesar: