O mosteiro máis antigo de Galiza e un exemplo de igrexa rupestre. A súa orixe remóntase ao Século VI. Do ano 573 é a lápida atopada co nome dos monxes que o fundaron aínda que se refiren a eles mesmos coma “os herdeiros” polo que é probable que fora construído con anterioridade e supón unha proba de vida cenobítica no país antes dos Mosteiros mozárabes.

O seu campanario, que lle da o nome, está construido sobre unha pena duns 14 metros de altura e ao que se pode acceder pola parte posterior.

A contorna non fai máis que sumarlle maxia e fermosura ao lugar: Rochas de curioso tamaño e forma, árbores autóctonos… aquí podemos sentir o silencio do que desfrutaron os seus primerios moradores.

Tamén podemos aproveitar para facer a ruta do Camiño Real de San Pedro de Rocas (PR GR4) de 9 kilómetros, circular e sen moita dificultade.

Tendes máis información na web do Concello de Esgos:

http://www.concelloesgos.com/?id=84

 

 

 

 

Pódeche interesar: