O Mosteiro de Melón foi fundado no 1158 e pertence á orde do cister.

Tanto o mosteiro como a igrexa pertencen ao románico de transición, de finais do XII e principios do XIII. O claustro do cenobio é do XVI, e posteriores o resto das dependenzas monacais. No ano 1749 o abade contratou co mestre de obras Manuel Muñiz a modificación do claustro e da portería e aumentar a botica. No 1755 sufriu os efectos do terremoto de Lisboa, e no 1855 caeu un lóstrego sobre a torre da igrexa ocasionando graves desperfectos xa que a bóveda da nave central desplomouse sobre o coro. A igrexa presenta planta de cruz latina con tres naves, deambulatorio sobre columnas exentas e tres ábsidas abertas a ela e outras dúas análogas. En fase de restauración, o proxecto iniciouse coa consolidación dos claustros e a recuperación de catro salas, ademais da estrutura da bóveda e a canalización das augas. A principios do 2011, a Deputación de Ourense cedeu ao Concello a propiedade do cenobio.

Hoxe en día está sendo en parte restaurado.

Fonte: Patrimonio Galego.net

A súa contorna engádelle interese á súa visita e por suposto a súa proximidade ás Pozas de Melón e á Fervenza de Tourón.

Pódeche interesar: