A natureza sempre sorprende. A lagoa formouse logo do abandono dunha canteira que aquí existiu. Agora é unha área recreativa e seica cunha moi boa calidade de auga. Iso sí, cando nos achegamos nós (febreiro 2018) atopamos o lugar un pouco descoidado. Agardamos que o Concello o adecente un pouquichiño porque o lugar paga a pena.

Podemos dar un paseo para desfrutar tamén dos muíños de vento que preto de alí se atopan. Unhas  construcións moi pouco frecuentes na nosa terra. Son Século XIX con dobre aspa de madeira. A zona, por desgraza, ardeu hai pouco polo que poidemos comprobar.

Pódeche interesar: