Un espazo natural fermosísimo no que ademáis atoparemos os escasos restos do Mosteiro do mesmo nome. Pouco queda xa da construción que tivo a súa orixe no Século XII e que desfrutou de momentos de grande esplendor: un pombal, a antiga reitoral reconvertida en albergue e a Igrexa. Ao carón de estas construcións atoparemos a primeira das fervenzas e algunha pequena poza. Para chegar á segunda, camiñaremos pola beira do río. A segunda aínda resulta máis espectacular, auga caendo con forza e tódalas tonalidades de verdes que vos poidades imaxinar.

Resulta un lugar ideal para ir con nenos.

Pódeche interesar: