Un dos lugares máis coñecidos e visitados de Galiza.

O último treito do Xallas forma un profundo canón entre os macizos graníticos do Pindo e Buxantes, e salva un desnivel de 155 metros  antes da desembocadura, na que cae nun cadoiro de 40 metros de altura formando unha profunda poza de máis de 20 metros de profundidade. A súa peculiaridade é que o Xallas cae directamente ao océano, algo único en toda Europa.

Ao lugar chamábano  Cadoiro do Xallas ou do Pindo aínda que hoxe o coñezamos máis coma Fervenza do Ézaro e xa aparece en textos do Século XVIII describíndoa como unha enorme fumeira que podía ser ollada dende varios quilómetros mar a dentro (fonte: https://gl.wikipedia.org)

E, aínda que non poida mostrar un documento gráfico, o día que nos achegamos a facer as fotos, poidemos desfrutar da compaña dunha lontra.

Para visitar o lugar, se non vos gustan as multitudes, mellor en inverno e/ou durante a semana.

Amósovos tamén este vídeo para descubrir o que normalmente non vemos:

Pódeche interesar: