A Fervenza de Vieiros atópase na parroquia do mesmo nome, no concello de Quiroga e no corazón do Courel. Se queremos visitar só a fervenza, podemos chegar a ela dende a aldea de Vieiros onde deixaremos o coche e baixar non máis de 1 kilómetro. O camiño está ben sinalizado e acondicionado.

É o río Selmo o que forma este fermoso salto de auga duns 20 metros nunha contorna idílica. Dependendo da data do ano, poderemos atopar unha paisaxe completamente diferente.

Outra maneira de desfrutala podería ser facendo a ruta que parte dende a aldea de A Seara (imprescindible a súa visita) ate á fervenza.

Pódeche interesar: