Para chegar a esta parroquia do Concello de O Bolo colleremos un desvío na estrada OU-533. Poucos metros despóis comezaremos a desfrutar das espectaculares vistas deste impresionante lugar. Veremos o maxestoso santuario que por momentos parece fundirse coas rochas do canón que forma o Río Bibei.

Todo aquí parece perfecto, unha praia fluvial, as montañas ao fondo (na outra beira está Manzaneda) e, por suposto o impoñente santuario.

Conta a lenda que uns pastores atoparon nas rochas unha imaxe da virxe polo que construiron unha pequena ermida no lugar. Anos despóis, o bispo de Astorga, moi enfermo, encomendouse a ela e sanou ao pouco tempo. Así mandaría construir o santuario tal e coma o coñecemos hoxe e sería o primeiro santuario mariano do país.

A espectacular fachada foi edificada entre o 1713 e 1726 e pouco posterior é o Via Crucis.

Estamos en definitiva, ante unha das xoias do Barroco en Galiza.

Pódeche interesar: